Luis Alberto García Tejedor
(Gigi)
PRESIDENTE
Nado en Bilbao. Comezo as miñas primeiras actividades artísticas en torno á pintura e a cerámica, realizando diversas exposicións en salas e locais de Vizcaya, tamén as concilio con varias representacións no mundo do teatro e a lírica, así como tamén formo parte da Sociedade Coral de Bilbao.
Cristina Maniglia Perasso
(Francis)
ADMINISTRACION E TESORERIA
Directora de Escea, Deseñadora de Iluminación e Decoradora, ademais de Cantante, Bailarina e Actriz, de longa traxectoria en teatro e en ópera, con ampla formación artistica e técnica.
Desde moi pequena aprendeu piano, canto, ballet e arte dramático. Estudou na Escola Superior de Canto de Madrid nos primeiros anos da súa fundación, que dirixía Dona Lola Rodriguez de Aragon.
Tamén forma parte do grupo fundador do Encontro Cultural ARTEALDEA en Piñeiro de Areas, Provincia de Pontevedra. Este festival creado e dirixido por Luís Alberto García Tejedor leva xa trece edicións e ten lugar cada ano na primeira semana de agosto xerando un gran movemento de artistas españois e internacionais ademas de activar a intervención de artistas e grupos locais galegos.
Equipo ArteAldea
Quen o facemos posible
A Nosa Asociación nace en 2007 motivada pola recuperación dos Costumes e Tradicións Populares das nosas Aldeas, de agora en diante o noso propósito consistirá en achegalas e potenciarlas novamente para dalas a coñecer ás Futuras Xeracións a través do noso Encontro Cultural e actividades.